Resultados de procura - Unesco

UNESCO

Traslado do Gran Templo de [[Abu Simbel A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés ''United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization'' e en francés: ''Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture'') é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.

A UNESCO fundouse en 1945 como sucesora do Comité Internacional de Cooperación Intelectual da Sociedade de Nacións. A súa constitución estabelece os obxectivos da axencia, a estrutura de goberno e o marco operativo. A misión fundacional da UNESCO, que foi moldeada pola segunda guerra mundial, é promover a paz, o desenvolvemento sustentábel e os dereitos humanos facilitando a colaboración e o diálogo entre as nacións. Persegue estes obxectivos a través de cinco grandes áreas do programa: educación, ciencias naturais, ciencias sociais, cultura e comunicación. A UNESCO patrocina proxectos que melloran a alfabetización, proporcionan formación técnica e educación, fomentan a ciencia, protexen os medios independentes e a liberdade de prensa, preservan a historia rexional e cultural e promoven a diversidade cultural.

Como centro de coordinación da cultura e da ciencia mundiais, as actividades da UNESCO foron ampliándose ao longo dos anos; axuda na tradución e difusión da literatura mundial, axuda a establecer e asegurar o Patrimonio da Humanidade cultural e natural, traballa para tender unha ponte entre a fenda dixital mundial, e crea sociedades do coñecemento inclusivas mediante a información e a comunicación. A UNESCO lanzou varias iniciativas e movementos globais, como "Educación para Todos", para seguir avanzando nos seus obxectivos fundamentais.

A UNESCO está rexida pola Conferencia Xeral, integrada por estados membros e membros asociados, que se reúne semestralmente para fixar os programas e o orzamento da axencia. Tamén elixe os membros do consello executivo, que xestiona o traballo da UNESCO, e nomea cada catro anos un director xeral, que exerce como administrador xefe da UNESCO. A UNESCO é membro do Grupo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, unha coalición de axencias e organizacións da ONU destinadas a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel. Provided by Wikipedia
Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
  12. 12
  13. 13
  14. 14
  15. 15
  16. 16
  17. 17
  18. 18
  19. 19
  20. 20